Bloquear e desbloquear a pantalla
Cando o seu dispositivo está acendido e permanece inactivo durante un período de
tempo establecido, a pantalla escurécese para aforrar batería e bloquéase de xeito
automático. Este bloqueo evita accións non desexadas na pantalla táctil cando non está
a usala. Ao comprar o seu dispositivo, xa está establecido un bloqueo básico de pasar o
dedo pola pantalla. Noutras palabras, ten que pasar o dedo cara a arriba ou cara a
abaixo da pantalla para desbloquealo. Máis tarde pode cambiar os axustes de
seguridade e engadir outros tipos de bloqueos. Consulte
Bloqueo de pantalla na
páxina 39 .
Para activar a pantalla
•
Prema brevemente a tecla de acendido .
Para bloquear a pantalla
•
Cando a pantalla estea activa, prema lixeiramente a tecla de acendido .