
Estado e notificacións
As iconas na barra de estado infórmano de eventos como novas mensaxes e
notificacións do calendario, actividades en curso como descargas de ficheiros e
información de estado como o nivel da batería e a cobertura. Pode arrastrar cara abaixo
a barra de estado para abrir o panel Notificacións e xestionar notificacións. Tamén pode
personalizar as iconas e as notificacións seleccionando as iconas do sistema que se
verán na barra de estado e as aplicacións ás que se permite enviar notificacións.
22
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para abrir ou pechar o panel de notificacións
Para efectuar unha acción sobre unha notificación
•
Pulse a notificación.
Para descartar unha notificación do panel de notificacións
•
Poña o dedo sobre unha notificación e toque lixeiramente cara á esquerda ou á
dereita.
Para borrar todas as notificacións do panel de notificacións
•
Pulse
Borrar.
Luz de notificación
A luz de notificación informa sobre o estado da batería e algúns outros eventos. Por
exemplo, unha luz blanca pestanexando significa que hai unha nova mensaxe ou unha
chamada perdida.