Actualizar o dispositivo
Actualice o software do dispositivo co fin de recibir as últimas funcionalidades, as
melloras e as correccións de erros para asegurar un rendemento óptimo. Cando estea
dispoñible unha actualización de software, na barra de estado aparecerá . Tamén
pode comprobar se hai novas actualizacións de xeito manual.
O xeito máis sinxelo de instalar unha actualización de software é facelo sen fíos desde o
dispositivo. Non obstante, algunhas actualizacións non están dispoñibles para a
descarga mediante unha conexión sen fíos. Nese caso, para actualizar o dispositivo ten
que usar a aplicación Xperia™ Companion nun PC ou nun ordenador Apple
®
Mac
®
.
Para obter máis información sobre actualizacións de software, vaia a
www.sonymobile.com/update.
Unha capacidade de almacenamento insuficiente pode impedir as actualizacións. Asegúrese
de que ten capacidade de almacenamento suficiente antes de tentar actualizar.
Para comprobar se hai novo software
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Update Center.
Actualizar o seu dispositivo sen fíos
Use a aplicación Update Center para actualizar o seu dispositivo sen fíos. Xestiona
actualizacións da aplicación e do sistema e pode facilitar a descarga de novas
aplicacións desenvolvidas para o seu dispositivo. As actualizacións que pode descargar
nunha rede móbil dependen do seu operador. Recoméndaselle que use unha rede Wi-
Fi® en lugar dunha rede móbil para descargar novo software para que poda evitar os
custos polo tráfico de datos.
Para descargar e instalar una actualización do sistema
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Update Center.
3
Seleccione a actualización do sistema que desexe e pulse
Descargar.
4
Cando a descarga remate, pulse
Instalar e siga as instrucións en pantalla para
completar a instalación.
Para descargar e instalar una actualización da aplicación
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Update Center.
3
Seleccione a actualización da aplicación que desexe e pulse
Actualizar. A
actualización instálase automaticamente despois da descarga.
114
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para instalar unha nova aplicación
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Update Center.
3
Seleccione a aplicación que desexe e pulse
Instalar. A aplicación instálase
automaticamente despois da descarga.
Para descargar e instalar unha actualización do sistema desde o panel de
notificacións
1
Arrastre cara a abaixo a barra de estado para abrir o panel de notificacións.
2
Desprácese cara a abaixo e seleccione a actualización do sistema que desexe,
despois pulse
Descargar.
3
Cando a descarga remate, pulse
Instalar e siga as instrucións en pantalla para
completar a instalación.
Para descargar e instalar unha actualización da aplicación desde o panel de
notificacións
1
Arrastre cara a abaixo a barra de estado para abrir o panel de notificacións.
2
Desprácese cara a abaixo e seleccione a actualización da aplicación que desexe,
despois pulse
Actualizar. A actualización instálase automaticamente despois da
descarga.
Para instalar unha nova aplicación desde o panel de notificacións
1
Arrastre cara a abaixo a barra de estado para abrir o panel de notificacións.
2
Desprácese cara a abaixo e seleccione a aplicación que desexe, despois pulse
Instalar. A nova aplicación instálase automaticamente despois da descarga.
Actualización do dispositivo mediante un ordenador
Pode descargar e instalar actualizacións de software no seu dispositivo usando un
ordenador con conexión a Internet. Precisa dispoñer dun cable USB e un PC ou
ordenador Apple
®
Mac
®
co software Xperia™ Companion.
Se non ten o software Xperia™ Companion instalado no ordenador correspondente, conecte
o seu dispositivo ao ordenador cun cable USB e siga as instrucións de instalación da
pantalla.
Actualizar o seu dispositivo usando un ordenador
1
Asegúrese de ter o software Xperia™ Companion instalado no seu PC ou
ordenador Apple
®
Mac
®
.
2
Cun cable USB, conecte o dispositivo ao ordenador.
3
Ordenador: Inicie o software Xperia™ Companion. Despois duns intres, o
ordenador detecta o seu dispositivo e procura novo software.
4
Ordenador: Se se atopa unha nova actualización de software, amósase unha
ventá emerxente. Siga as instrucións en pantalla para realizar as actualizacións de
software correspondentes.
Cando conecte o dispositivo ao ordenador cun cable USB, solicitaráselle que instale o
software, ou cancelar, a menos que seleccionase previamente
Non mostrar de novo.