Sony Xperia E4 - Son, ton de chamada e volume

background image

Son, ton de chamada e volume

Pode axustar o volume do ton de chamada para as chamadas entrantes e as

notificacións, así como para a reprodución de música e vídeo. Tamén pode establecer o

modo silencio no dispositivo de xeito que non soe durante unha reunión.

Para axustar os niveis de volume

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son > Volumes.

3

Arrastre o control desprazable de volume ata as posicións desexadas.

Tamén pode premer a tecla de volume cara arriba ou abaixo para axustar o ton de chamada e

os niveis de volume de reprodución multimedia mesmo se a pantalla está bloqueada.

Para establecer o dispositivo en modo de vibración

Prema a tecla de volume cara a abaixo ata que apareza na barra de estado.

Para axustar o modo silencio no dispositivo

1

Prema a tecla de volume ata que o dispositivo vibre e apareza na barra de

estado.

2

Prema a tecla de volume cara a abaixo de novo. aparece na barra de estado.

Prema a tecla de volume cara a arriba para salir do modo silencio.

Para axustar o modo de vibración e ton no dispositivo

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son.

3

Marque a caixa de verificación

Vibrar ao soar.

36

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para establecer un ton de chamada

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son > Ton de chamada do tel..

3

Seleccione unha opción da lista ou pulse para seleccionar un ficheiro de

música gardado no dispositivo.

4

Para confirmar, pulse

Feito.

Para seleccionar o son de notificación

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son > Son de notificación.

3

Seleccione unha opción da lista ou pulse para seleccionar un ficheiro de

música gardado no dispositivo.

4

Para confirmar, pulse

Feito.

Algunhas aplicacións teñen os seus propios sons de notificación específicos, que vostede

pode seleccionar nos axustes da aplicación.

Para activar os tons de pulsación

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son.

3

Marque as caixas de verificación

Tons ao tocar o tecl. telefónico e Sons ao tocar.