Compartir contido con dispositivos DLNA Certified™
Pode ver ou reproducir contido multimedia gardado no seu dispositivo noutros
dispositivos como, por exemplo, unha TV ou un ordenador. Estes dispositivos deben ser
recoñecidos como DLNA Certified™ pola Digital Living Network Alliance e deben estar
conectados á mesma rede Wi-Fi® para poder compartir contido. Tamén pode ver ou
reproducir contido doutros dispositivos DLNA Certified™ no seu dispositivo.
Logo de configurar o modo para compartir contido entre dispositivos, pode, por
exemplo, escoitar ficheiros de música gardados no ordenador do seu fogar desde o seu
dispositivo ou ver fotos tomadas coa cámara do seu dispositivo nunha pantalla de TV
grande.
Reproducir ficheiros de dispositivos DLNA Certified™ no seu
dispositivos
Cando reproduce ficheiros doutro dispositivo DLNA Certified™ no seu dispositivo, o
outro dispositivo está a actuar como servidor. Isto quere dicir que comparte contido a
través dunha rede. O dispositivo servidor debe ter a función para compartir contido
activada e dar permiso de acceso ao seu dispositivo. Tamén debe estar conectado á
mesma rede Wi-Fi® que o seu dispositivo.
98
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para reproducir unha pista compartida no seu dispositivo
1
Asegúrese de que os dispositivos cos que quere compartir ficheiros están
conectados á mesma rede Wi-Fi® que o dispositivo.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse .
3
Arrastre o bordo esquerdo da pantalla de inicio do Walkman® cara á dereita e
pulse
Dispositivos.
4
Seleccione un dispositivo da lista de dispositivos conectados.
5
Navegue polos cartafoles do dispositivo conectado e seleccione a pista que
desexe reproducir. A pista comeza a reproducirse automaticamente.
Para reproducir un vídeo compartido no seu dispositivo
1
Asegúrese de que os dispositivos cos que quere compartir ficheiros están
conectados á mesma rede Wi-Fi® que o dispositivo.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse
Movies.
3
Arrastre o bordo esquerdo da pantalla de inicio de Movies cara á dereita e pulse
Dispositivos.
4
Seleccione un dispositivo da lista de dispositivos conectados.
5
Navegue polos cartafoles do dispositivo conectado e seleccione o vídeo que
desexe reproducir.
Para ver unha foto compartida no seu dispositivo
1
Asegúrese de que os dispositivos cos que quere compartir ficheiros están
conectados á mesma rede Wi-Fi® que o dispositivo.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse
Álbum.
3
Arrastre o bordo esquerdo da pantalla de inicio de Álbum cara á dereita e pulse
Dispositivos.
4
Seleccione un dispositivo da lista de dispositivos conectados.
5
Navegue polos cartafoles do dispositivo conectado e seleccione unha foto para
vela.
Reproducir ficheiros do seu dispositivo en dispositivos DLNA
Certified™
Antes de poder ver ou reproducir ficheiros multimedia do seu dispositivo noutros
dispositivos DLNA Certified™, cómpre configurar a opción de compartir ficheiros no seu
dispositivo. Os dispositivos cos que comparte contido chámanse dispositivos cliente.
Por exemplo, un televisor, ordenador ou tablet pode actuar como dispositivo cliente. O
seu dispositivo actúa como servidor multimedia ao pór contido a disposición dos
dispositivos cliente. Cando configura a opción de compartir ficheiros no seu dispositivo
debe outorgar permisos de acceso aos dispositivos cliente. Unha vez feito isto, os
dispositivos correspondentes aparecen como dispositivos rexistrados. Os dispositivos
que agardan o permiso de acceso amósanse como dispositivos pendentes.
Para configurar como compartir ficheiros con outros dispositivos DLNA Certified™
1
Conecte o seu dispositivo a unha rede Wi-Fi®.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse .
3
Pulse e logo
Servidor multimedia.
4
Para activar a función
Compartir multimedia, arrastre o control desprazable.
Aparece na barra de estado. O dispositivo xa pode funcionar como un servidor
multimedia.
5
Conecte o seu ordenador ou outros dispositivos á mesma rede Wi-Fi® que o seu
dispositivo.
6
Aparece unha notificación na barra de estado do dispositivo. Abra as notificacións
e estableza permisos de acceso para cada dispositivo.
As instrucións para configurar a opción de compartir ficheiros usando DLNA™ difiere segundo
o dispositivo cliente. Consulte na súa guía de usuario do dispositivo cliente para obter máis
99
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
información. Se o dispositivo non pode conectar a un cliente na rede, comprobe se a súa rede
Wi-Fi® funciona.
Tamén pode acceder ao menú
Servidor multimedia en Axustes > Conectividade Xperia™ >
Axustes do servidor multimedia. Se pecha a vista Servidor multimedia, a función de compartir
ficheiros permanece en funcionamento nun segundo plano.
Para deter a función de compartir ficheiros con outros dispositivos DLNA Certified™
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Conectividade Xperia™ > Axustes do servidor
multimedia.
3
Arrastre o control desprazable a carón de
Compartir multimedia á esquerda.
Establecer permisos de acceso para un dispositivo pendente
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Conectividade Xperia™ > Axustes do servidor
multimedia.
3
Seleccione un dispositivo da lista
Dispositivos pendentes.
4
Seleccione un nivel de permiso de acceso.
Cambiar o nome dun dispositivo rexistrado
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Conectividade Xperia™ > Axustes do servidor
multimedia.
3
Seleccione un dispositivo da lista
Dispositivos rexistrados e despois seleccione
Cambiar nome.
4
Introduza un novo nome para o dispositivo.
Cambiar o nivel de acceso dun dispositivo rexistrado
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Conectividade Xperia™ > Axustes do servidor
multimedia.
3
Seleccione un dispositivo da lista
Dispositivos rexistrados.
4
Pulse
Cambiar nivel de acceso e seleccione unha opción.
Obter axuda sobre como compartir contido con outros dispositivos DLNA Certified™
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Conectividade Xperia™ > Axustes do servidor
multimedia.
3
Pulse .
Reproducir ficheiros nun dispositivo Digital Media Renderer
Coa tecnoloxía DLNA™, pode empurrar contido multimedia gardado no seu dispositivo
a outro dispositivo conectado á mesma rede Wi-Fi®. O outro dispositivo ten que poder
funcionar como dispositivo Digital Media Renderer (DMR) ou reproducir contido recibido
desde o seu dispositivo. Unha TV con características DLNA ou un PC con Windows® 7
ou superior son exemplos de dispositivos DMR.
A configuración para activar o Digital Media Renderer pode variar dependendo do dispositivo.
Consulte a guía de usuario do dispositivo DMR para obter máis información.
O contido securizado con Digital Rights Management (DRM) non se pode reproducir nun
dispositivo Digital Media Renderer usando tecnoloxía DLNA™.
100
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para ver fotos ou vídeos do dispositivo noutro dispositivo DMR
1
Asegúrese de que configurou correctamente o dispositivo DMR e de que está
conectado á mesma rede Wi-Fi® que o seu dispositivo.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Álbum.
4
Busque e abra fotos ou vídeos que desexe ver.
5
Pulse na pantalla para amosar a barra de ferramentas, despois pulse e
seleccione un dispositivo DMR co que desexe compartir o seu contido. A
reprodución do contido seleccionado comeza en orde cronolóxica no dispositivo
que seleccione.
6
Para desconectar do dispositivo DMR, pulse e seleccione
Desconectar. A
reprodución do ficheiro detense no dispositivo DMR, pero continúa no seu
dispositivo.
Tamén pode compartir un vídeo desde a aplicación Movies no seu dispositivo pulsando o
vídeo e despois
.
Para reproducir unha pista de música do dispositivo nun dispositivo DMR
1
Asegúrese de que configurou correctamente o dispositivo DMR e de que está
conectado á mesma rede Wi-Fi® que o seu dispositivo.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse .
3
Seleccione unha categoría de música e navegue ata a pista que desexe
compartir, entón pulse na pista.
4
Pulse e seleccione un dispositivo DMR co que compartir o seu contido. A pista
se reproduce de xeito automático no dispositivo que seleccionou.
5
Para desconectarse do dispositivo DMR, pulse e seleccione o seu dispositivo. A
pista para a reprodución no dispositivo DMR pero segue coa reprodución no seu
dispositivo.