Escoitar música
Use a aplicación Walkman® para escoitar a música e os audiolibros que máis lle gusten.
1
Abrir o menú da pantalla de inicio de Walkman®
2
Buscar todas as cancións gardadas no dispositivo
3
Ver a cola de reprodución actual
4
Portada do álbum (se está dispoñible)
5
Pulsar para ir á canción anterior da cola de reprodución
Tocar e manter premido para rebobinar a canción actual
6
Reproducir ou deter unha canción
7
Pulsar para ir á canción seguinte na cola de reprodución
Tocar e manter premido para avanzar rápido dentro da canción actual
8
Reproducir aleatoriamente as cancións da cola de reprodución actual
9
Repetir todas as cancións da cola de reprodución actual
10 Indicador de progreso: arrastre o indicador ou pulse ao longo da liña para avanzar ou rebobinar
11 Duración total da canción actual
12 Tempo transcorrido da canción actual
69
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Pantalla de inicio de Walkman®
1
Arrastrar o bordo esquerdo da pantalla cara á dereita para abrir o menú da pantalla de inicio de
Walkman®
2
Desprazarse cara arriba ou abaixo para ver o contido
3
Reproducir unha canción usando a aplicación Walkman®
4
Volver á pantalla do reprodutor de música de Walkman®
Para reproducir unha canción coa aplicación Walkman®
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse .
2
Arrastre o bordo esquerdo da pantalla cara á dereita.
3
Seleccione unha categoría de música.
4
Pulse unha canción para reproducila.
É posible que non poida reproducir elementos protexidos con dereitos de autor. Verifique que
ten os dereitos necesarios do material que desexe compartir.
Para buscar información relacionada cunha canción en liña
•
Mentres se reproduce unha canción na aplicación Walkman®, pulsa Portada do
álbum e, a continuación, pulsa o botón infinito
.
O botón infinito
fornécelle acceso a recursos en liña relacionados coa canción, como
vídeos de YouTube™, letras de cancións e información sobre o artista da Wikipedia.
Para axustar o volume do son
•
Prema a tecla de volume.
Minimizar a aplicación Walkman®
•
Durante a reprodución dunha canción, pulse para ir á Pantalla de inicio. A
aplicación Walkman® segue coa reprodución nun segundo plano.
Abrir a aplicación Walkman® cando hai unha reprodución en segundo plano
1
Mentres se está a reproducir unha canción en segundo plano, pulse para abrir
a ventá de aplicacións usadas recentemente.
2
Pulse a aplicación Walkman®.