Mensaxería instantánea e conversa de vídeo
Pode usar a aplicación de conversa de vídeo o mensaxería instantánea Google
Hangouts™ no seu dispositivo para conversar con amigos que tamén usen a aplicación
en ordenadores, dispositivos Android™ e outros dispositivos. Tamén pode converter
calquera conversa nunha chamada de vídeo con varios amigos e pode enviar mensaxes
a amigos aínda que estean fóra de liña. Tamén pode ver e compartir fotos dun xeito
sinxelo.
Antes de comezar a usar Hangouts™, asegúrese de dispoñer dunha conexión á Internet
operativa e dunha conta de Google™. Vaia a http://support.google.com/hangouts e
faga clic na ligazón "Hangouts para Android" para obter máis información sobre como
usar esta aplicación.
A función de videochamada só funciona en dispositivos con cámara frontal.
Para utilizar a aplicación Hangouts™
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Hangouts.
63
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.