Montaxe
A pantalla ten pegada unha lámina plástica protectora. É necesario que extraia esta
lámina antes de usar a pantalla táctil. Do contrario, é posible que a pantalla táctil non
funcione correctamente.
Para extraer a tapa traseira
•
Insira a unlla no espazo, tal e como se indica na ilustración, e levante a tapa.
Para colocar a tapa traseira
1
Coloque a tapa traseira sobre a parte posterior do dispositivo, despois prema
cara abaixo nas esquinas inferiores para colocarla no seu lugar.
2
Movéndose desde a parte inferior á superior, prema os laterales da tapa ata que
encaixe no seu lugar.
Para inserir a tarxeta micro SIM
Se insire unha tarxeta micro SIM mentres o dispositivo está acendido, o dispositivo
reiniciarase de xeito automático.
•
Extraia a tapa traseira, despois insira a tarxeta micro SIM na súa rañura cos
contactos dourados cara arriba.
Cómpre usar unha tarxeta micro SIM para que o seu dispositivo funcione correctamente.
Algunhas tarxetas SIM de tamaño estándar permítenlle desmontar unha tarxeta micro SIM
7
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
integrada. Se desmonta a tarxeta micro SIM dunha tarxeta SIM de tamaño estándar, non
poderá montala e usala de novo co tamaño estándar. Se non ten unha tarxeta micro SIM ou
se a súa tarxeta SIM actual non contén unha tarxeta SIM desmontable, contacte co seu
operador de rede para obter información sobre como obter unha ou cambiar a súa tarxeta
SIM.
Para inserir unha tarxeta de memoria
1
Extraia a tapa traseira.
2
Insira a tarxeta de memoria coa zona dos contactos dourados orientada cara a
abaixo na rañura para a tarxeta de memoria.
Para extraer a tarxeta micro SIM
1
Desmonte a tapa traseira.
2
Arrastre a tarxeta micro SIM cara a fóra da rañura e retírea por completo.
8
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para extraer a tarxeta de memoria
1
Desactive o teléfono ou desmonte a tarxeta de memoria desde
Configuración >
Almacenamento > Deter a tarxeta SD .
2
Extraia a tapa traseira, a continuación, tire cara a fóra da tarxeta de memoria para
extraela.