Sony Xperia E4 - Sincronización con contas en liña

background image

Sincronización con contas en liña

Sincronice o dispositivo con contactos, correo electrónico, eventos de calendario e outra

información de contas en liña. Por exemplo, pode sincronizar contas de correo

electrónico como Gmail™ e Exchange ActiveSync, Facebook™, Flickr™ e Twitter™.

Pode sincronizar automaticamente os datos de todas as contas se activa a función de

sincronización automática. Non obstante, tamén pode sincronizar cada conta de xeito

manual.

Configurar unha conta en liña para sincronizar

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Pulse

Configuración > Engadir conta e despois seleccione a conta que desexa

engadir.

3

Siga as instrucións para crear unha conta ou inicie sesión se xa dispón dunha.

Sincronizar manualmente cunha conta en liña

1

Desde a súa Pantalla de inicio, pulse >

Configuración.

2

En

Contas, seleccione o tipo de conta e logo pulse o nome da conta coa que

desexe sincronizar. Aparece unha lista de elementos que se poden sincronizar

coa conta.

3

Marque os elementos que desexa sincronizar.

4

Pulse e logo

Sincronizar agora.

Eliminar unha conta en liña

1

Desde a súa Pantalla de inicio, pulse >

Configuración.

2

En

Contas, seleccione o tipo de conta e logo pulse o nome da conta que desexe

eliminar.

3

Pulse e logo

Eliminar conta.

4

Pulse

Eliminar conta de novo para confirmar.