Usar o servizo de localización
O servizo de localización permite ás aplicacións como Mapas e a cámara usar
información das redes Wi-Fi® así como a información do Sistema de Posicionamento
Global (GPS) para determinar a súa localización aproximada. Se non está nunha liña
clara da vista con satélites GPS, o seu dispositivo pode determinar a súa localización
usando a función Wi-Fi®.
Para usar o seu dispositivo para averiguar onde está, cómpre activar o servizo de
localización.
Para activar os servizos de localización
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Localización.
3
Arrastre o control desprazable a carón de
Localización cara á dereita.
4
Pulse
Aceptar para confirmar.
Permitir que as aplicacións de Google accedan á súa localización
1
Asegúrese de que accediou á súa conta de Google™ desde o seu dispositivo.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Axustes > Google > Localización.
4
Arrastre o control desprazable a carón de
Localización á dereita.
5
Pulse
Aceptar para confirmar.
Mellorar a precisión do GPS
A primeira vez que utilice a función GPS no dispositivo, pode tardar entre 5 e 10 minutos
en atopar a súa localización. Para axudar na procura, asegúrese de ter unha visión clara
do ceo. Permaneza quieto e non cubra a antena GPS (a zona marcada na imaxe). Os
sinais do GPS poden atravesar nubes e plástico, pero non poden pasar a través da
maioría de obxectos sólidos, como edificios ou montañas. Se a súa localización non se
atopa despois duns minutos, móvase a outra localización.